Thursday 09 de May de 2024

O concello entrégalles 100.000 máscaras ás asociacións de comercio e hostalaría de cara á apertura de establecementos o día 11


 

O Goberno local apoiará a ambos os sectores máis golpeados pola crise cunha dotación orzamentaria que está a estudar co resto das forzas políticas

O concello comezará a repartirlles ás asociacións de comercio e hostalaría 100.000 máscaras protectoras de cara á apertura dos seus establecementos o vindeiro luns día 11, dentro da fase 1 de desescalada deseñada polo Goberno de España. Este material sanitario foille doado ao concello polas autoridades locais da cidade-distrito chinesa de Yantian, que contactaron fai un mes co persoal da Alcaldía para poderen envialo. A alcaldesa, Inés Rey, no nome da veciñanza da Coruña, amosoulle o seu agradecemento ás autoridades chinesas polo envío das máscaras.

Deste xeito, o Goberno local entende que é necesario que as propietarias e propietarios de pequenos comercios e locais de hostalería, así como as súas traballadoras e traballadores, dispoñan de máscaras protectoras neste inicio da desescalada. Os protocolos de seguridade sanitaria impostos polo Goberno obrigan a utilizalos como medida de prevención fronte aos contaxios de coronavirus, se se mantén un contacto próximo con persoal traballador e coa clientela.

Ademais, a alcaldesa, Inés Rey, consciente de que a recuperación da economía será máis lenta no pequeno comercio e na hostalaría, anunciou esta mañá que o Goberno local ultima unha liña de axudas de apoio a ambos os sectores para afrontar a reactivación da súa actividade tras o parón pola crise do coronavirus.

A rexedora reuniuse esta mañá co presidente da Federación Provincial de Comercio, Miguel Agromayor; o presidente da Federación Unión de Comercio Coruñesa (FUCC), José Luis Boado, e co presidente da Asociación de Hostalaría da Coruña, Héctor Cañete, para entregarlles o equipo de protección e escoitar as súas achegas co fin de incluílas no programa municipal. ”É necesario adoptar canto antes novas medidas de promoción económica e de fomento do emprego que alivien o dano ocasionado polo peche debido á pandemia e garantan a supervivencia do pequeno comercio e da hostalería da cidade”, manifestou a rexedora.

O Goberno local baralla distintas actuacións para acelerar a recuperación  económica da cidade. “Os concellos somos as administracións máis preparadas para xestionar a desescalada e, á vez, seguir adoptando medidas para reactivar a economía”, indicou a rexedora.

Este material sanitario está sendo distribuído a:

-AVC Amigos los Rosales
-Asociación comerciantes Elviña
-Asociación de Libreros da Coruña
-ACECA Ciudad Vieja
-Asociación Comerciantes Distrito Mallos
-Asociación de Empresarios Comercio Téxtil
-Asociación de Empresarios Ópticos de A Coruña
-Asociación de Vendedores de Prensa de A Coruña
-Área Comercial As Conchiñas
-Asociación Comercial Obelisco
-Asociación Comerciantes y Autónomos de Galicia (Coruña)

-Área Comercial Riazor
-Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de A Coruña
-Gremios de Joyeros de A Coruña
-Distrito Oza
-AAVV y CC La Falperra
-Asociacion AVEC
-Asociación de empresarios y comerciantes de Matogrande
-Asociación Cocina Coruña
-Asociación Hosteleros del Orzán
-Asociación ASCEGA y Asociación de Hosteleros
-ACOCEM
-Asociación Distrito Picasso
-Área Viva

-Zona Zero
-Asociación Comerciantes calle Barcelona
-Asociación Empresarios Los Rosales
-Asociación Empresarios A Coruña AECO
-Asociación de Empresarios da Grela
-Agrupación de Vecinos y Comerciantes de Monte Alto
-Comerciantes Angel Senra
-Asociacion de librerias da Coruña